O III Foro Rexional ISMS Forum Galicia celébrase en Vigo

mércores, 6 de abril do 2022 Marcus Fernández

Este xoves o Capítulo Galego do ISMS Forum organiza o seu II Foro Rexional de Galicia en modalidade presencial no Auditorio de Abanca en Vigo de 9:30 a 14:00 horas. Esta sesión pretende analizar o novo mapa de ciberameazas no contexto bélico, así como as últimas tendencias na industria do ransomware, a xestión e resposta a incidentes na nube ou as necesidades de visibilidade, control e automatización de resposta nos ámbitos industriais.
O foro contará con relatores como o doutor Camino Kavanagh (King’s College London), quen falará da ciberguerra centrándose nas ciberoperacións e tecnoloxías dixitais. Antonio Fernandes (CISO de FINSA) dará conta das novidades cos temas anteriormente mencionados. Mentres que Adrián Couceiro (responsable do BlueTeam de CaixaBank) exporá respostas para incidentes na nube.
Tamén se presentarán os avances no proxecto colaborativo Cyber Security in a Box, unha ferramenta chave para as pequenas e medianas empresas, que introduce un marco ineludible de clasificación, avaliación e propostas de acción. Esta presentación correrá a cargo de David González (CISO de Coren) e Fernando Suárez (precidente do CPEIG).

Programa da sesión

PUBLICIDADE