O IES MacÃas o Namorado de Padrón celebra dous obradoiros contra a desinformación
xoves, 15 de maio do 2025
Loitar contra a desinformación é a finalidade dos obradoiros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que volveron este mércores 14 de maio ao IES MacÃas o Namorado de Padrón, con dous novos obradoiros impartidos pola xornalista Elena MartÃn Lores. Estes obradoiros de alfabetización mediática están a desenvolverse en centros de ensino medio da Coruña grazas a un convenio asinado coa Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos CivÃs.
Indo á proposta en cuestión, o alumnado do IES MacÃas o Namorado de Padrón recibÃa na mañá do mércores a visita dos obradoiros contra a desinformación postos en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia grazas á área de Dereitos CivÃs da Deputación da Coruña. Os obradoiros, que tiveron lugar ás 10:45 e ás 12:45 da mañá, estiveron impartidos por Elena MartÃn Lores. Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora, MartÃn Lores forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine.
O aumento da desinformación ou a confusión entre o que é e non é un medio na contorna dixital están a danar profundamente o xornalismo, que se enfronta a unha crise e un descrédito sen precedentes. É por iso que o Colexio de Xornalistas, na súa defensa da profesión, quere combater esta situación trasladando á sociedade galega este programa de formación en alfabetización mediática. Grazas a el, as rapazas e rapaces de Padrón puideron, asÃ, coñecer as diferenzas entre a información errónea e a desinformación, preguntarse quen e por que ten interese en enganarnos, coñecer as estratexias de espallamento das mentiras ou converterse eles mesmos en fact checkers ou verificadores da información. O obxectivo é fornecer a toda a sociedade galega de coñecementos contra os embustes e ferramentas para combatelos.
Todos os obradoiros están impartidos por profesionais colexiados e colexiadas, que recibiron formación especÃfica en alfabetización mediática na xornada organizada polo Colexio de Xornalistas o pasado 14 de decembro. En concreto, as e os xornalistas que descubrirán ao alumnado da Coruña as estratexias de quen propaga novas falsas e os recursos para contrastar información serán: Pedro Costa Manteiga, Sara Garea López, Elena MartÃn Lores, Cinthia Piñeiro Acevedo, Miguel RodrÃguez Fernández e Marga Tojo González.