O IES García Barbón fai entrega da quinta edición dos seus Premios de Blogs Escolares

luns, 4 de xuño do 2012 Fernando Sarasketa

O IES García Barbón, pioneiro no emprego de ferramentas 2.0 de comunicación para o fomento do diálogo e a participación creativa do alumnado (tal e como nos facía saber hai uns cinco anos o seu profesor Daniel Veiga), vén de resolver un novo certame dos seus galardóns aos mellores cadernos en liña. Esta nova convocatoria, a quinta, do Premios de Blogs Escolares Barbón Blog, entregou un total de sete recoñecementos co fin de salientar “o interesante traballo realizado polo alumnado da materia optativa de TICs, en primeiro de Bacharelato, durante o presente curso académico “. O primeiro premio (incluíndo unha tableta dixital) foi dar a Marta Gago Afonso, polo seu blog persoal.
O certame veu da man, unha vez máis, do Departamento de Orientación do devandito centro educativo. A recta final do concurso desenvolveuse na segunda quincena de maio, cando a comunidade de estudantes do devandito curso levou a cabo unha avaliación, conxunta e colectiva, dos blogs dos seus compañeiros en base a diferentes criterios. De xeito paralelo e complementario, requiríronse as valoracións dos profesores sobre as bitácoras dixitais e doutros estudantes recoñecidos en edicións anteriores do concurso.
O día 31 de maio entregáronse os premios desta quinta edición.
· 1º Premio para Marta Gago Afonso (tableta dixital) polo seu blog
· 2º Premio para Helena González Moreira (libro electrónico) polo traballo realizado en TICs a primeira hora.
· 3º Premio para Mónica Reigada Feijoó (MP5) co blog de seu TIC sen límite.
· 4º Premio para Manuel López Cid (memoria USB de 16 xb) que é autor do traballo que podemos ver en manublogverin.blogspot.com
· 5º Premio para Alba Rúa Limia (memoria USB de 8 xb) polo seu blog: albarua.blogspot.com
· 6º Premio para Iris Justo Rodríguez (memoria USB de 4 xb) coa bitácora irissjusto.blogspot.com.es
· Tamén houbo un premio especial (7º) para María Isabel Villamarín Alonso polo seu blog mabelsalgu.blogspot.com.es.
Para saber máis sobre os traballos realizados e sobre os recoñecementos cómpre visitar o blog TIC para ti, fonte de información sobre as actividades en liña dos ditos estudantes. Tamén hai espazos específicos en Facebook e Twitter.

PUBLICIDADE