O IES García Barbón de Verín presenta novo proxecto TIC e entrega os seus premios aos mellores blogs

venres, 31 de maio do 2013 Fernando Sarasketa

Temos novidades dende o IES García Barbón de Verín, un dos centros educativos galegos que máis cedo recoñeceron a importancia da comunicación 2.0 para o seu alumnado, futuros integrantes dun tecido produtivo que precisa profesionais con coñecementos amplos neste eido. De feito, xa por 2007 tivemos ocasión de dar conta deste emprego pedagóxico dos nosos servizos en liña, nunha entrevista mantida co profesor Daniel Veiga. Volvendo ás devanditas novidades, dicir que o centro de Verín vén de conceder os seus premios de cadernos escolares (a sexta edición do certame Barbón Blog) e de presentar unha iniciativa tecnolóxica divulgativa sobre os múltiples usos de formación, comunicación e coñecemento de Internet: o Proxecto Pipe 2013 – Internet para Estudantes.
Os ditos galardóns, convocados polo Departamento de Orientación do IES para o alumnado de Tecnoloxías da Información e a Comunicación de primeiro de Bacharelato, encamíñanse a amosar até que punto o uso cotián do blog na aula permite potenciar as habilidades dixitais e lingüísticas dos estudantes e motivalos para favorecer a capacidade de aprender dun xeito cada vez máis autónomo. De xeito complementario, presentouse como dixemos o Proxecto Pipe 2013, no que estivo a traballar o alumnado dende mediados do pasado mes de marzo e que se dirixe a divulgar os usos e aplicacións de Internet entre a comunidade educativa, amosando unha aproximación aos mellores recursos dispoñíbeis para o ensino e a comunicación. A iniciativa é froito do traballo colaborativo do alumnado.
Polo que atinxe á relación de premiados, ficou deste xeito:


1 Andrés Macía Couto
Premio: Tableta dixital
http://ticdacomarca.blogspot.com.es/


2 Fernando Martín Silva
http://barbonpeople.blogspot.com.es/
Premio: Tableta dixital


3 Marcos Sobrino García
http://ticmonterrei.blogspot.com.es/
Premio: MP5


4 Ángel Deprada Fernández
http://andefer.blogspot.com.es/
Memoria USB de 32 XB


5 Idoia Pérez Rodríguez
http://ticquetes.blogspot.com.es/
Memoria USB de 16XB


6 Marta Cerdeiriña Cid
http://martacertic.blogspot.com
Memoria USB de 8 XB


7 Esther Fernández Yañez
http://ticontasotempo.blogspot.com.es/
Premio especial


8 Lucía Rúa Afonso
http://luciaetic.blogspot.com.es/
Premio especial

PUBLICIDADE