O Huawei Watch 5 aposta polas medicións de saúde na xema do dedo
venres, 16 de maio do 2025
Huawei anunciou o lanzamento do seu novo reloxo conectado, o Huawei Watch 5, que incorpora unha novidade destacable no ámbito da saúde dixital: un sensor lateral que permite realizar medicións a partir da xema do dedo. Esta innovación, denominada tecnoloxÃa Multi-sensor X-TAP, permite rexistrar parámetros como electrocardiograma (ECG) ou osÃxeno en sangue (SpO2) cun simple toque do dedo sobre o reloxo.
A diferenza doutros dispositivos que dependen unicamente dos sensores traseiros para medir desde o pulso, o Huawei Watch 5 engade un conxunto de sensores no lateral: un sensor de presión, un electrodo para ECG e un sensor óptico de ritmo cardÃaco. Esta combinación multiplica entre dez e cincuenta veces a calidade do sinal, grazas á riqueza capilar e á boa perfusión sanguÃnea da punta dos dedos. Esta mesma zona é, de feito, a escollida polos oxÃmetros médicos tradicionais para medir o osÃxeno en sangue.
Entre as funcionalidades destacables está a posibilidade de realizar unha medición de SpOâ‚‚ en apenas dez segundos, máis rápida ca a da maiorÃa dos dispositivos actuais. Ademais, o reloxo permite facer un escaneo completo de saúde en só sesenta segundos, ofrecendo datos como ritmo cardÃaco medio, variabilidade da frecuencia cardÃaca (HRV), osÃxeno en sangue, temperatura da pel, nivel de estrés, ECG, detección de rixidez arterial, visión xeral da respiración e alteracións do sono. Moitas destas funcións xa estaban presentes no Huawei Watch 4, aÃnda que a inclusión da HRV é novidade.
En termos de deseño, o reloxo introduce dous novos xestos de control –o deslizamento dobre (deslizar o polgar contra outro dedo) e o dobre toque– e incorpora unha pantalla cun brillo máximo de 3.000 nits e marcos máis finos. Está dispoñible en dous tamaños, 42 e 46 mm, e ofrece opcións en aceiro inoxidable e titanio. A autonomÃa varÃa entre tres dÃas no modelo máis pequeno (dous co modo sempre activado) e 4,5 dÃas no modelo grande (tres co always on display). O dispositivo é compatible tanto con Android como con iOS e conta con conectividade móbil (integra eSIM).
O Huawei Watch 5 xa está dispoñible para reserva a un prezo de 449,99 euros con correa de fluoroelastómero, incrementando o prezo en 100 euros coa correa de material composto, e outros 100 euros máis se a correa e de titanio, estando dispoñibles as correas en varias cores para cadanseu material.
VÃdeo promocional do Huawei Watch 5