O Huawei MateBook D incorpora procesadores Intel de 8ª xeración

martes, 26 de decembro do 2017 Marcus Fernández

En Huawei non descansaron na xornada de Nadal, e anunciaron unha revisión do seu portátil MateBook D para incorporarlle procesadores Intel Core de oitava xeración, facéndoos un equipos aínda máis competitivos, que presentan un elegante deseño grazas ao seu corpo de metal, o seu grosor de 16,9 milímetros, e cun peso de 1,9 quilogramos, nos que son capaces de integrar boas prestacións e unha batería con autonomía de até 10 horas (8,5 horas reproducindo vídeo).
Os Huawei MateBook D veñen cunha pantalla Full HD de 15,6 polgadas e un marco de só 6,2 milímetros, 8 GB de RAM, gráfica nVIDIA GeForce MX150, 2 portos USB 3.0, 1 porto USB 2.0, saída HDMI e 3 configuracións: dúas con procesador Intel Core i5-8250U con 256 GB de SSD ou 128 GB de SSD e 1 TB de disco duro respectivamente; e outra cun procesador Intel Core i7-8550U con 128 GB de SSD e 1 TB de disco duro. O seu prezo estaría entre os 5.188 e os 6.688 iuans (668,27 e 861,48 euros) o que parece bastante axustado para un portátil que casa con tanto acerto boas prestacións e deseño elegante.

PUBLICIDADE