O Huawei Mate X verá a luz en setembro
venres, 14 de xuño do 2019
Tras o Mobile World Congress de Barcelona confiábase en que
2019 fose o ano no que os fabricantes de smartphones competisen no lanzamento
de dispositivos con 5G e con pantallas flexibles, pero os problemas previos ao
lanzamento do Samsung Galaxy Fold e o veto dos EE.UU. a Huawei puxeron en
dúbida que as pantallas flexibles fosen chegar pronto ao mercado de consumo.
AÃnda que no caso de Huawei parecÃa que o seu Mate X non puidese concretarse
por mor do bloqueo imposto polos EE.UU., dende a compañÃa saen agora a comentar
que este produto é anterior á incorporación de Huawei á listaxe negra da
Casa Branca, polo que non terÃa problema para incorporar Android e
comercializarse con normalidade, e recoñecen que o adiamento no lanzamento do
produto responde directamente aos problemas atopados por Samsung, ou sexa, que
prefiren ser prudentes e someter o seu dispositivo a máis probas antes de
ofrecer un produto que poida resultar problemático.
O Huawei Mate X estaba previsto que se vendese no mes de xuño a un prezo de
2.299 euros, e contando con conectividade 5G, polo que poderÃa ser un produto
moi interesante, especialmente neste momento no que están a estrearse as redes
5G en varios paÃses europeos, pero dende
Huawei aseguran ter adiado o lanzamento até o mes de setembro.
Pola banda de Samsung aseguran ter realizado varios cambios no Galaxy Fold e en
poucas semanas anunciarán a data de lanzamento do seu prometedor smartphone
encartable, que probablemente non chegue até despois do lanzamento do Galaxy Note10.