O Honor Router 3 chega a España con agasallos
martes, 21 de xullo do 2020
A presentación do Honor Router 3 foi toda unha sorpresa, por
estrearse na China como un dispositivo que ao cambio custaba menos de 30 euros
e ofrecÃa conectividade Wi-Fi 6+ movendo até 2.967 Mbps e podendo conformar
redes tipo malla combinando varios routers para evitar as zonas con mala
cobertura no fogar. AÃnda que este trebello pode conseguirse de importación,
finalmente xa aparece na tenda virtual oficial dun xeito moi curioso, xa que a
súa estrea española en vez de realizarse cun prezo de derribo opta por
completar o produto con varios accesorios de xeito que podemos adquirir
promocionalmente o Honor Router 3 por 79,90 euros incluÃndo unha pulseira
cuantificadora Honor Band 5 (valorada en 34,90 euros) e uns auriculares sen
fÃos Honor Bluetooth Earphone (valorados en 69,90 euros). Esta curiosa oferta
está dispoñible entre o 23 de xullo e o 17 de agosto.
O Honor Router 3 é un produto bastante actractivo, por ofrecer grandes velocidades
de acceso á Rede a través de Wi-Fi, mellorando substancialmente (até un 60%) o
largo de banda dispoñible con respecto ás redes Wi-Fi 5, contando con
seguridade WPA3 e podendo xestionarse a nosa rede sen fÃos mediante unha
aplicación móbil (dende a que programar o acceso á Wi-Fi, crear redes para
convidados, eliminar dispositivos non autorizados, controlar o largo de banda
ou establecer medidas de control paterno).
Este router promete ser quen de atender até 4 catro dispositivos á vez na banda
de 2,4 GHz (a de mellor cobertura) e até 16 dispositivos na banda dos 5 GHz (a
de maior velocidade), cun largo de banda capaz de achegar pelÃculas en 4K a
varios dispositivos á vez, de xeito que serÃa dabondo para a meirande parte dos
fogares. En escenarios con problemas de cobertura pode resultar moi práctico
configurar dous (ou máis) destes routers en modo malla, de xeito que
autoxestionan unha única rede Wi-Fi, procurando achegar sempre a mellor
conexión posible aos dispositivos conectados.