O Honor Play sae á venda por 329 euros

xoves, 30 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Hoxe presentouse en Berlín o novo Honor Play, un smartphone da filial de Huawei que busca chamar a atención dos usuarios afeccionados a xogar no móbil e que xa pode mercarse en dúas versión: unha normal a 329 euros e unha player edition que presenta unha carcasa gravada con láser. De pedirse vía web a versión estándar inclúe unha tarxeta de memoria microSDXC de 64 GB valorada en 21,99 euros e a player edition uns auriculares Bluetooth valorados en 49 euros.
Estamos ante un smartphone de gama media na liña das últimas tendencias, cun procesador Kirin 970 con GPU que promete un bo rendemento en xogos, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno, pantalla de 6,3 polgadas con pestana superior, cámara traseira dual de 16 + 2 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles, lector de pegadas dixitais, NFC, batería de 3.750 mAh con carga rápida por USB-C, un grosor de 7,48 milímetros e sistema operativo Android 8.1 con capa de personalización EMUI 8.2.
O Honor Play conta con personalizacións específicas para os xogos PUBG MOBILE e Asphalt 9: Legends, como un xeito de deixar clara a vocación gamer deste teléfono.

O Honor Play promete unha grande potencia gráfica para mover de xeito solvente xogos como PUBG MOBILE
O Honor Play estándar está dispoñible en 3 cores
A player edition do Honor Play véndese en dúas cores cunha carcasa gravada a láser

PUBLICIDADE