O Hauppauge Broadway leva a televisión aos dispositivos móbiles de Apple
martes, 11 de xaneiro do 2011
Durante a pasada
edición do CES de Las Vegas Hauppauge Digital presentou unha
nova solución para levar a televisión ao iPhone, iPod Touch e iPad chamada
Broadway, e que serÃa unha caixa
autónoma cun sintonizador de televisión integrado que transmitirÃa o sinal
televisivo aos trebellos de Apple a través da Wi-Fi doméstica (802.11g ou
802.11n) ou a calquera lugar do mundo a través da Internet.
Para que estas opcións estean dispoñibles deberemos conectar o Broadway ao
router doméstico, encargándose o trebello de captar o sinal de televisión
terrestre ou de cable e converténdoo nun fluxo de streaming de alta calidade co compresor de vÃdeo H.264.
Ata o momento xa existÃan múltiples solucións semellantes (incluso da mesma
compañÃa) pero estaban baseadas nun ordenador, destacando o Hauppauge Broadway
por ser unha solución autónoma, aÃnda que o seu prezo (199 dólares) pode supor
unha importante barreira para a súa popularización.