O HTC TyTN II chegará a Europa en outubro

mércores, 29 de agosto do 2007 Marcus Fernández

HTC anunciou o lanzamento do seu novo TyTN II no mercado europeo, de xeito que no mes de outubro Orange, Vodafone, T-Mobile e O2 terán nas súas mans a distribución deste impresionante terminal de telefonía móbil que conta coas últimas prestacións coma son conectividade HSDPA/UMTS/EDGE/GPRS/GSM, Wi-Fi e Bluetooth 2.0, así coma GPS integrado.
O HTC TyTN II funciona co sistema operativo Windows Mobile 6 Professional, de xeito que permite o uso das versións móbiles de Outlook, Word, Excel e PowerPoint, ou sexa, que é coma levar a oficina enriba, especialmente porque, aparte de ter unha pantalla táctil inclinable e un programa para escanear tarxetas de visita, conta cun teclado QWERTY, polo que é unha boa ferramenta para a produtividade móbil.

PUBLICIDADE