O HTC One Mini terá pantalla de 4,3 polgadas e cámara UltraPixel
xoves, 18 de xullo do 2013
Ante a boa resposta do HTC One, que converteuse nun dos máis
desexados móbiles con Android xunto ao Samsung GALAXY S4, o seu fabricante
decidiu presentar hoxe unha variante de menores dimensións (pasa dunha pantalla
Full HD de 4,7 polgadas a unha pantalla a 720p de 4,3 polgadas) que conserva o
seu atractivo deseño en aluminio.
O HTC One Mini
chegará en breve limitando o seu procesador (un Qualcomm Snapdragon 400 de
dobre núcleo a 1,4 GHz), a súa RAM (1 Gb) e a súa baterÃa (de 1.800 mAh) e
prescindindo do NFC e da posibilidade de operar como mando a distancia por
infravermellos, aÃnda que compensando en parte estas carencias cun grosor de
9,25 milÃmetros e un peso de 122 gramos, detalles que poden atraer a moitos
potenciais compradores do seu irmán maior, en aras dunha maior portabilidade.
A caracterÃstica que parece manterse sen cambios é a rechamante cámara
UltraPixel que presume de disparar boas fotografÃas sen ter que acadar
resolucións absurdas como fan outros terminais. Tamén goza de Bluetooth 4.0,
Wi-Fi N, DLNA e BoomSound.
VÃdeo de presentación do HTC One Mini