O HTC One E9+ terá pantalla QuadHD de 5,5 polgadas

luns, 30 de marzo do 2015 Marcus Fernández

HTC presentou hai pouco o seu novo smartphone insignia, e xa está a preparar as súas variantes, de xeito que para o mercado chinés xa está prevista a comercialización do HTC One E9+, que destaca por gozar dunha pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles, de xeito que sería o primeiro smartphone de HTC en abrazar a resolución QuadHD.
O resto de especificacións do HTC One E9+ tampouco son menores, pois falamos dun terminal cun procesador MediaTek MT6795M de 8 núcleos e 64 bits, 3 GB de RAM, cámara traseira de 20 Mpíxeles, cámara frontal ultrapíxel, conectividade LTE, dobre SIM, altofalantes frontais BoomSound, batería de 2.800 mAh e sistema operativo Android 5.0 con HTC Sense 7.
Polo momento non sabemos nin a data de lanzamento nin o prezo que terá este smartphone, así como se o veremos no noso mercado.

PUBLICIDADE