O HTC Desire L eleva o listón dos móbiles asumibles

venres, 19 de abril do 2013 Marcus Fernández

HTC vén de incorporar na súa páxina web taiwanesa o seu novo smartphone, o Desire L, que semella ser a versión do HTC One SU (só dispoñible en China) cunhas prestacións reducidas buscando ser así un terminal cun prezo moderado, pero que igualmente satisfará as necesidades de boa parte dos consumidores, pois estamos ante un terminal cunha pantalla Super LCD2 de 4,3 polgadas unha resolución de 480 x 800 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM e 4 Gb de almacenamento interno, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, cámara de 5 Mpíxeles, batería de 1.800 mAh, un grosor de 8,9 milímetros e un peso de 118 gramos.
A tenor destas prestacións vemos que os móbiles que están a chegar ao mercado buscando chegar a un amplo público cun prezo reducido xa non son dispositivos con pantallas de baixa resolución e incapaces de correr aplicacións esixentes, senón que son móbiles que encaixarían nunha gama media, dando a impresión de que a alta competencia entre os distintos fabricantes está a afectar principalmente ao prezo.

O HTC Desire L chega a Taiwán en cor negra, branca e rosa, quedando aínda por confirmar se chegará ao noso mercado

PUBLICIDADE