O HP TouchSmart 600 Quad incorpora procesadores Core i7
mércores, 3 de febreiro do 2010
Os equipos
informáticos todo-en-un con pantalla
táctil aÃnda son pouco habituais no mercado, e os modelos que hai tenden a ser
de reducida potencia, pero dende HP non ven que iso tiña que ser asÃ, de xeito
que veñen
de mellorar a súa familia HP TouchSmart 600 Quad incorporándollee un
procesador Intel Core i7-720QM de 4 núcleos a 1,6 GHz e con 6 Mbytes de memoria
caché de segundo nivel, que tamén vén con 4 Gb de RAM, 750 Gb de disco duro de
7.200 rpm, sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits e unha pantalla
táctil de 23 polgadas, como equipo base, sendo posible chegar a configuralo cun
procesador Core i7-820QM a 1,73 GHz con 8 Mbytes de memoria caché de segundo
nivel, 8 Gb de RAM, 1,5 Tb de disco duro, sintonizadora de televisión e sistema
operativo Windows 7 Ultimate de 64 bits, completando un equipo de alta gama
pese ao seu formato compacto e atractivo, aÃnda que a un prezo un tanto elevado
(a partires de 1.699,99 dólares nos EE.UU.).