O HP TouchPad xa pode adquirirse no Reino Unido

luns, 18 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Este mes comezou co agardado tablet HP TouchPad á venda nos EE.UU., e aínda que en España teñamos que agardar ata setembro para poder facernos con un a prezos de 479 e 579 euros para os modelos con 16 e 32 Gb de almacenamento respectivamente, os máis impacientes xa poden optar por facerse con el no Reino Unido, onde o dispositivo con webOS vén de pórse á venda por 399 e 479 libras esterlinas respectivamente (uns prezos só lixeiramente máis económicos que en España).
O HP TouchPad presenta unha aparencia externa moi semellante ao do iPad, co que comparte bastantes características técnicas, estando a principal diferenza entre os dispositivos no software, destacando HP que o seu produto goza de multitarefa real, soporte de Adobe Flash e a posibilidade de imprimir sen fíos con multitude de impresoras HP compatibles.

PUBLICIDADE