O HMD Skyline aposta pola reparabilidade
xoves, 18 de xullo do 2024
Hai varias semanas filtrouse que HMD Global estaba a preparar un novo smartphone cun deseño que lembraba poderosamente ao do clásico Nokia Lumia 920, e finalmente fixeron oficial o HMD Skyline, pero en vez de promocionar a súa estética robusta e retro, están a centrarse no seu apartado fotográfico e, moi especialmente, na súa reparabilidade, elemento que en poucas ocasións se utilizou como argumento de venda. Outro detalle curioso é que en breve recibirá un modo de desintoxicación dixital (que bloquea as notificacións de redes sociais cando queiramos estar tranquilos).
O HMD SKyline conta cunha pantalla pOLED Full HD+ de 6,55 polgadas cunha velocidade de refresco de 144 Hz e protección Corning Gorilla Glass 3, procesador Qualcomm Snapdragon 7s Gen 2, 8/12 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 512 GB), 5G, Bluetooth 5.2 con LE Audio, NFC, nano SIM e eSIM, altofalantes estéreo, resistencia IP54, baterÃa de 4.600 mAh con carga rápida de 33 watts por cable (e 15 watts sen fÃos, asà como 5 watts de carga inversa) e Android 14 con 3 anos de actualizacións de seguridade garantidas.
No seu apartado de cámaras conta cunha cámara frontal de 50 MpÃxeles con enfoque automático, e unha cámara traseira cun sensor principal de 108 MpÃxeles con estabilización óptica, un ultra grande angular de 12 MpÃxeles e un teleobxectivo 4x de 50 MpÃxeles.
O novo smartphone pode mercarse en cor negra ou rosa, a un prezo de 499,99 euros para a versión con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que a versión con 12 GB de RAM e 256 GB de capacidade custa 599,99 euros.
Será bastante difÃcil que este novo teléfono atope o seu lugar no mercado, pois os seus competidores máis directos serÃan o Redmi Note 13 Pro 5G (que funciona co mesmo procesador e partirÃa dun prezo de 249,99 euros) ou o Realme 12 Pro+ 5G ( que ten acabados premium e un prezo que parte dos 379,99 euros).
VÃdeo de presentación do HMD Skyline