O Grupo MásMóvil experimenta unha importante incidencia nos seus accesos á Rede
mércores, 25 de marzo do 2020
Nos últimos dÃas son moitos os avisos que recibimos de ter
que realizar un uso moderado das infraestruturas de telecomunicacións, e aÃnda
que os operadores puxeron moito da súa parte, colaborando con provedores de
servizos en liña de alta demanda e reforzando as súas redes, non puido evitarse
que durante toda a mañá os clientes do Grupo MásMóvil (que inclúe a Yoigo e
Pepephone) padecesen problemas para acceder á Internet en boa parte do
territorio español.
O fallo ten lugar nun momento crÃtico, no que hai moitos usuarios
teletraballando e estudando dende o seu fogar, polo que quedar sen
conectividade non só impide o acceso a moitos contidos de lecer electrónico,
senón que tamén imposibilita desenvolver actividades laborais e educativas.
Se atendemos aos datos
rexistrados por DownDetector, MásMóvil terÃa experimentado problemas de
conectividade de madrugada, para pasar logo a dar serios problemas de
conectividade ao longo da mañá, cun pico elevado entre as 11:00 e as 12:30
horas, cando case todos os usuarios da compañÃa quedaron sen acceso á Internet.
Non vindeiros dÃas é probable que outras compañÃas teñan incidencias semellantes,
como acontece con certa frecuencia ao longo do ano, só que nestes momentos os
fallos nas comunicacións son moito máis visibles xa que supón a desconexión do
mundo dos usuarios recluÃdos no fogar por mor da COVID-19.