O Game Pass trae Deathloop a Xbox

martes, 20 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Microsoft anunciou os xogos que recibirá o Game Pass no que resta de mes, comezando por dous grandes lanzamentos: Headspace: Shipbreaker e Deathloop. Este último é especialmente importante, xa que trátase da estrea en Xbox Series X|S dun dos primeiros xogos que recibiu a PlayStation 5 en primicia, e que agora está dispoñible en conxolas Xbox de nova xeración, no PC Games Pass e tamén para xogar a través da nube de Xbox (o que permite xogarse dende ordenadores pouco potentes, tabletas, smartphones e televisores conectados de Samsung). Deathloop é un curioso xogo de acción no que un par de asasinos rivais están atrapados nun bucle temporal do que só é posible fuxir eliminando 8 obxectivos clave antes de que o día se reinicie.
Aparte deste grande xogo, no que resta de mes tamén se incorporan ao Game Pass o día 22 os xogos SpiderHeck, Beacon Pines e Slime Rancher2; o día 27 chegaralle o momento a Moonscars e Grounded; o día 29 son Let’s Build A Zoo e Valheim os xogos que chegan; e, finalmente, o día 30 é a quenda dun título que agradecerán os máis pequenos da casa, PAW Patrol Grand Prix, ou sexa, o xogo de carreiras da Patrulla Canina.

PUBLICIDADE