O Game Pass incorpora importantes novidades
martes, 20 de xaneiro do 2026
Xbox Game Pass reforza o seu catálogo de comezos de ano cunha ampla vaga de incorporacións que inclúen tÃtulos de gran orzamento, propostas independentes e clásicos revisados. Entre as novidades máis destacadas atópanse Warhammer 40,000: Space Marine II, Death Stranding Director’s Cut e unha nova entrega da saga Ninja Gaiden, xunto con xogos de xéneros moi diversos que chegan tanto a consola como a PC e á nube.
Dende hoxe mesmo, os subscritores poden xogar a Resident Evil Village, a oitava entrega principal da coñecida saga de terror de Capcom. A historia segue a Ethan Winters nunha inquietante aldea europea chea de perigos, anos despois dos acontecementos de Resident Evil 7. Tamén está dispoñible desde o primeiro dÃa MIO: Memories in Orbit, un metroidvania artesanal ambientado nun mundo en decadencia dominado pola natureza e as máquinas, no que o xogador controla un androide que explora escenarios labirÃnticos e cheos de segredos.
A partir do 21 de xaneiro sumarase ao servizo Death Stranding Director’s Cut, a versión ampliada da obra de Kojima Productions, que propón unha experiencia narrativa singular arredor da reconstrución da humanidade nun mundo fragmentado. Ese mesmo dÃa chegará tamén RoadCraft, unha proposta centrada na reconstrución de infraestruturas tras desastres naturais mediante o uso de máis de corenta vehÃculos de obra pesada, con opcións para xogo cooperativo.
Outra das incorporacións salientables do 21 de xaneiro é Ninja Gaiden: Ragebound, unha nova entrega lateral da veterana saga de acción, desenvolvida polo equipo responsable de Blasphemous, que aposta por un estilo clásico revisitado con gran esixencia técnica. Uns dÃas máis tarde, o 27 de xaneiro, será a quenda de The Talos Principle 2, unha aventura de crebacabezas en primeira persoa que afonda en cuestións filosóficas nun mundo habitado por robots, con desafÃos cada vez máis complexos.
O 28 de xaneiro chegarán dúas propostas moi diferentes: Anno: Mutationem, unha aventura de acción con elementos de rol ambientada nun universo cyberpunk que mestura gráficos en 2D e 3D, e Drop Duchy, un xogo hÃbrido que combina mecánicas de construción por bloques cun enfoque rogue-lite e estratéxico.
O catálogo seguirá ampliándose o 29 de xaneiro coa chegada de MySims: Cozy Bundle a PC, unha recompilación de dúas entregas orientadas á creatividade e á simulación social. Ese mesmo dÃa desembarcará un dos tÃtulos máis agardados: Warhammer 40,000: Space Marine II, que propón unha campaña espectacular, xogable en solitario ou en cooperativo, e múltiples modos PvE e PvP ambientados no universo do Imperium.
Xa en febreiro, o dÃa 2, incorporarase Indika, unha aventura narrativa ambientada nunha Rusia alternativa do século XIX, que mestura humor negro e reflexións sobre a fe e a moral. Pechará esta remesa inicial Final Fantasy II, unha versión 2D remodelada do clásico da saga de Square Enix, dispoñible a partir do 3 de febreiro.
