O Galaxy Z Flip estrea versión 5G
xoves, 13 de agosto do 2020
No seu momento o
Galaxy Z Flip foi unha interesante proposta por optar por aproveitar a
tecnoloxÃa de pantalla de cristal encartable para facer un teléfono de formato
de cuncha en vez de seguir o camiño do Galaxy Fold (que basicamente consiste en
ter un smartphone convertible en tableta), e aÃnda que o seu prezo o sitúa
dentro dun mercado de luxo que o afasta da meirande parte dos consumidores, dende
Samsung consideran que é un produto que merece a súa atención, de aà que
decidisen lanzar en España o Samsung Galaxy
Z Flip 5G, que chega a un prezo de 1.550 euros (só 50 euros máis que a
versión 4G).
O Galaxy Z Flip 5G chega equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 865 Plus
5G, o que supón unha mellora en potencia e en conectividade, converténdose nun produto
preparado para a banda larga móbil do futuro, que xa pode probarse nalgunhas
zonas de Galicia, e que buscará popularizarse o ano que vén.
Este curioso smartphone non se limita a ter unha pantalla Full HD+ de 6,7
polgadas que pode encartarse, senón que cando está medio encartado pode facer uso
do modo Flex, de xeito que a pantalla principal divÃdese en dúas pantallas de 4
polgadas para, por exemplo, empregar a pantalla superior para os contidos e a
inferior para o control. Isto tamén poderÃa aproveitarse para ver vÃdeos de
YouTube nunha metade da pantalla mentres na outra navégase, lense descricións
ou incluso realÃzanse comentarios. Tamén é posible empregar a multitarefa
aproveitando esta configuración multifiestra, podéndose incluso definir pares
de aplicacións para a súa apertura simultánea (como xa acontece noutros móbiles
de Samsung).
O Galaxy Z Flip 5G ten un procesador potente, boa conectividade, 8 GB de RAM, 256
GB de almacenamento interno, cámara frontal de 10 MpÃxeles, cámara traseira
dual de 12 MpÃxeles (canda sensor cun angular diferente) e, como principal
punto feble, unha baterÃa de só 3.300 mAh (limitación propia do formato do
dispositivo).
Estamos ante un smartphone que non está á altura dos móbiles insignia de Samsung,
pero queda moi preto deles e, sen dúbida, resulta moito máis rechamante, por
ser un dispositivo bastante pouco habitual, o que poderÃa facilitarlle o atopar
un espazo no que consolidarse.