O Galaxy Note medra ata as 10,1 polgadas
luns, 27 de febreiro do 2012
Tras as
boa recepción comercial do móbil Samsung Galaxy Note, que conseguiu destacar no
mercado coa súa enorme pantalla de 5,3 polgadas e a posibilidade de funcionar
cun punteiro como se fose unha PDA, Samung quere levar este factor aos tablets
e presenta o Galaxy
Note 10.1. Este novo dispositivo conta cun procesador de dobre núcleo a 1,4
GHz, conectividade HSPA+, pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, cámaras de 3 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi, Bluetooth 3.0, GPS, capacidades de almacenamento interno de 16/32/64 Gb, punteiro S-Pen, o paquete de aplicacións de debuxo
S-Note, o sistema operativo Android 4.0 e as aplicacións Adobe Photoshop Touch
e Adobe Ideas.
AÃnda non se anunciaron os datos sobre o lanzamento do dispositivo, pero parece
que conseguiu atopar un xeito de destacar fronte aos seus competidores, que
parecen máis centrados en mellorar as súas pantallas, as súas cámaras e os seus
procesadores, en vez de intentar atopar funcionalidades destacables.
- Anuncio do Galaxy Note 10.1 que puido verse no Mobile World Congress de Barcelona