O Galaxy Nexus estreará Android 4.0 o mes que vén
mércores, 19 de outubro do 2011
A pasada noite Samsung e Google anunciaron o novo paso que
dará o sistema operativo móbil Android, presentando
o terminal Galaxy Nexus, que será o móbil insignia de Android 4.0 (tamén
chamado Ice Cream Sandwich) facendo
oficial a resolución de pantalla de 720p (alta definición) e apostando por
pantallas de grande tamaño, no que supón un factor diferencial deste tipo de
dispositivos co resto de smartphones
do mercado.
O Galaxy Nexus (tamén coñecido
anteriormente como Nexus Prime) chegará ao mercado o mes que vén e conta cunha
pantalla Super AMOLED de 4,65 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles,
un procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento
interno, cámara de 5 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo a 1.080p e conectividade
HSPA+ ou LTE (segundo o operador/mercado). Tamén destaca por ter un grosor de
só 8.94 milÃmetros, un peso de 135 gramos, baterÃa de 1.750 mAh e un deseño
redondeado nos seus bordes.
O Android 4.0 é un novo paso do sistema operativo de Google que busca fusionar
as versións para móbiles e para tablets de Android, para manter un ecosistema
sólido, continuando a súa aposta polos widgets (agora redimensionables), as
notificacións e a multi-tarefa, e engadindo funcionalidades como desbloqueo dos
terminais mediante o recoñecemento facial, compartir contactos, páxinas web,
aplicacións, mapas, vÃdeos... achegando o móbil a outro terminal con
conectividade NFC, Wi-Fi Direct e Bluetooth HDP, recoñecemento de voz como
sistema de escritura, integración de Google+ (o que facilita a mensaxerÃa en
grupo e a videoconferencia con ata 9 persoas máis á vez), substanciais melloras
no control da cámara (como a creación de imaxes panorámicas), soporte de
encriptación, monitor de consumo de datos (para saber o uso que fan da conexión
á Internet das distintas aplicacións), maior integración das redes sociais coa
axenda de contactos, pantalla de inicio e barra de favoritos personalizables e
moitas outras pequenas melloras que enriquecen a experiencia de uso e melloran
a usabilidade do sistema.
Cómpre destacar que o
Android 4.0 poderá estar dispoñible para calquera dispositivo que funcione actualmente
con Android 2.3, aÃnda que para tal actualización poderemos ter que agardar
bastantes meses (non veremos actualizacións oficiais a Android 4.0 ata 2012).
VÃdeo de presentación das caracterÃsticas do Galaxy Nexus
VÃdeo coa presentación Ãntegra de Samsung e Google