O Galaxy A90 5G presume de potencia e Samsung DeX
martes, 3 de setembro do 2019
Samsung
reforza a súa gama media cun smartphone que incorpora prestacións propias da
gama alta, o novo
Galaxy A90 5G, que non só permite gozar das novas redes de telefonÃa móbil
5G, senón que tamén está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 855 (de
xeito que pode correr cos xogos e aplicacións máis esixentes), cámaras de
grandes prestacións e, sorprendentemente, pode gozar de Samsung DeX (ou sexa,
empregar o móbil coma se fose un ordenador conectándoo a unha pantalla por HDMI
ou a un ordenador por USB).
O Samsung Galaxy A90 5G ten unha pantalla Super AMOLED Infinity-U Full HD+ de
6,7 polgadas que integra unha cámara frontal de 32 MpÃxeles e un lector de pegadas
dixitais, a súa cámara traseira tripla ten un sensor principal de 48 MpÃxeles apoiado
por un sensor de profundidade de 5 MpÃxeles e un grande angular de 8 MpÃxeles,
estará dispoñible con 6 ou 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB), e a súa baterÃa de 4.500
mAh ten carga ultra-rápida de 25 watts.
Este móbil chegará mañá ao mercado surcoreano con carcasa en branco ou en
negro, para chegar ao resto de mercados nas seguintes semanas.
- O Galaxy A90 5G permite gravar vÃdeo con estabilización e optimización de escenas
- Especificacións do Samsung Galaxy A90 5G