O GTA IV de Xbox 360 por fin funciona en Xbox One

xoves, 9 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Nas últimas semanas incorporáronse moitos xogos de grande pese ao catálogo de retrocompatibles con Xbox One, como Tekken 6, Alice: Madness Returns, Shadows of the Damned ou LEGO Indiana Jones, pero o último xogo de Xbox 360 que podemos xogar agora en Xbox One en incorporarse eclipsa a todos os demais, xa que non é outro que Grand Theft Auto IV, grande xogo de Rockstar Games que desenvólvese en Liberty City, onde Niko Bellic vese somerxido nun mundo criminal ateigado de estafadores, ladróns e psicópatas.
Os que teñen o xogo mercado en dixital para Xbox 360 poden agora instalalo sen problema na súa Xbox One, mentres que os que o teñen en soporte físico tamén poden acceder directamente ao mesmo na súa nova consola, sendo incluso posible levar as partidas gardadas de Xbox 360 a Xbox One.
Para facernos unha idea da importancia que teñen os xogos da franquía de Grand Theft Auto podemos comentar que a última entrega, GTA V, que estreou versión para Xbox One e PlayStation 4 en novembro de 2014, conseguiu colocar a súa versión para PS4 como o segundo xogo en vendas en España no mes de xaneiro, só superado por FIFA 17.

PUBLICIDADE