O GPUL amosa o programa das súas novas Xornadas Libres

martes, 17 de abril do 2012 Fernando Sarasketa

A nova edición das Xornadas Libres do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) xa se albisca ao lonxe cunha manchea de actividades de relatorios dirixidos cara a dúas metas fundamentais: afianzar aínda máis a comunidade galega de xente que desenvolve o seu labor (profesional, educativo, de usuario de a pé) no seo do software libre e, tamén, contribuír a levar os beneficios da programación aberta ao maior número de persoas alleas aínda á mesma. A cita, como dixemos os días pasados con motivo do chamamento á participación, será o 23 e 24 de abril na Facultade de Informática da Coruña (Aula de Graos, 2º andar).
O programa, como veremos a continuación, vén do máis completo. Ademais, haberá agasallos para os participantes no evento, segundo informa o GUPL. As xornadas teñen o patrocinio da propia Facultade de Informática, da empresa Igalia, da Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia
· Luns 23 (Aula de Graos)
15:30 - Apertura das xornadas
15:45 - Como colaborar co proxecto de SL. José Millán Soto (GPUL)
16:30 - Linux Espín. José Luís Barrán Calvo (Espín)
17:45 - Descanso
18:00 - The Apache Way at the Apache Software Foundation. Charla sobre a ASF, estrutura, proxectos e filosofía. Carlos Sánchez (ASF)
18:30 - Netiqueta: un pouco de civismo en Internet. Francisco Javier Tsao Santín (GPUL)
19:15 - Descanso
19:30 - Como colaborar co proxecto QEMU. Juan José Quintela Carreira (FIC)
· Martes 24 (Aula de Graos)
15:30 - Introdución ao desenvolvemento con Qt e KDE. Nesta charla presentarse o framework Qt e KDE Fevelopment Platform, explicando posibilidades mediante exemplos. José Millán Soto (GPUL)
16:30 - Desenvolvemento dun framework MVC con PHP5. Comezaremos introducindo a programación orientada a obxectos e o patrón de deseño Modelo-Vista-Controlador empregando a linguaxe PHP. A continuación, implementarase paso a paso unha aplicación web seguindo as directrices deste patrón e os convenios actuais nun entorno LAMP. Francisco Sobrino Rey (Nosotros Lo Tenemos)
18:00 - Descanso
18:15 - Xestión e planificación Open Source con LibrePlan. As ferramentas de xestión e planificación de proxectos non teñen un lugar destacado no mundo Open Source, mais cobren unha necesidade básica en organizacións de certas dimensións. LibrePlan propón unha solución colaborativa e multiplataforma para esta necesidade, completamente desenvolvida de maneira aberta. Amosaranse as súas características e potencial aos presentes e futuros xestores de proxectos entre o público. Igalia S. L.
18:45 - Computación numérica con NumPy: é o intre de abandonar Fortran? Francisco Javier Tsao Santín (GPUL)
19:30 - Descanso
19:45 - Xestor de Proxectos: Redmine + Git + Nginx. Óscar García Amor (GPUL)
21:15 - Peche das xornadas

PUBLICIDADE