O GPS Photo Finder engade información xeográfica ás fotografías gardadas en tarxetas de memoria

mércores, 16 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O GPS Photo Finder de ATP Electronics fai doado etiquetar xeograficamente as nosas fotografías dixitais en formato JPEG, pois o dispositivo conta cunha fenda para tarxetas SD (soportando tamén Memory Stick e tarxetas MMC) ás que pode acceder para incluír a posición tomada mediante GPS ás imaxes almacenadas. Así, aínda que a nosa cámara dixital non conte con GPS, podemos etiquetar as nosas fotografías para logo poder situalas grazas a servizos coma Picasa, Google Maps e Google Earth.
A principal utilidade deste trebello que se porá á venda este mes a 99 dólares está en que non precisa dun ordenador para xeolocalizar as nosas fotografías, senón que se trata dun proceso que se realiza sobre a marcha.
O uso deste dispositivo é sumamente doado:

PUBLICIDADE