O Final Fantasy XIII para Xbox 360 tamén se venderá nos mercados asiáticos
martes, 5 de agosto do 2008
- Varias rapazas amosaban en Taipei as novidades que chegarán para a Xbox 360
Durante o E3 Microsoft
anunciou que rachaba a exclusiva da saga de Final
Fantasy para as consolas de Sony, de xeito que Final Fantasy XIII tería unha versión para Xbox 360 en Europa e
Norteamérica, e agora falan tamén de que o xogo podería venderse en Taiwan, ou
sexa, que si habería
unha versión asiática, de xeito que o país que quedaría sen o Final Fantasy para a consola de
Microsoft sería Xapón.
O anuncio dunha versión asiática do Final
Fantasy XIII para Xbox 360 (quedando por coñecerse os detalles sobre a localización do xogo) realizouse durante
unha presentación en Taipei
na que tamén se presentaron xogos para a consola de Microsoft como Soul Calibur IV, FaceBreaker ou Banjo-Kazooie,
así como tamén se puido ver unha versión
modificada da Xbox 360 coa estética da nova película de Batman.