O Fiadeiro de software libre da USC deu como resultado oito aplicacións traducidas á nosa lingua
martes, 1 de xuño do 2010
Finalmente xa temos a listaxe definitiva de programas adaptados á nosa lingua no seo do Fiadeiro de localización ao galego de software libre que organizou o pasado mes de abril a Comisión de Normalización LingüÃstica da ETSE de Santiago. Segundo se nos conta no cartafol da Universidade de Santiago, estamos a falar de oito ferramentas, en breve dispoñibles para calquera usuario que teña o sistema Ubuntu-USC no seu equipo ao incluÃrense, de feito, na vindeira actualización deste programa. O traballo despregado no Fiadeiro, que non foi a máis por non contarse con máis participantes, contou cunha primeira parte teórica (información sobre as ferramentas a empregar, as memorias e os glosarios) e cun miolo práctico de tradución que comezou cunha primeira proba aberta a dúbidas e solucións.
A xornada, que foi de oito horas (incluÃndo paradas para descansar e xantar), achegou segundo os organizadores da mesma un alto nivel de calidade no que atinxe á localización mesma dos programas, sendo a media de corrección lingüÃstica dun 8,6.
Por certo que os esforzos, amais de ver dispoñibles os aplicativos galeguizados, tiveron a súa recompensa. AsÃ, logo do proceso de revisión, o Fiadeiro declarou como gañador do premio Máis e mellor ao alumno de FÃsica Javier Villar Bello, que recibirá un diploma acreditativo e 226 euros como recoñecemento ao seu labor. Polo que atinxe ao valor total dos programas adaptados, a organización estÃmao en 1.050 euros.
O II ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre (este é o nome oficial da iniciativa) está organizado de xeito conxunto coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización LingüÃstica.
As ferramentas adaptadas á nosa lingua son as seguintes:
· Gnac, un programa moi doado de usar para a conversión de música para o escritorio GNOME entre todos os formatos de son de GStreamer.
· Pybliographer, unha ferramenta para xestionar bases de datos bibliográficas, cunha interface amigable, que permite inserir e editar citas en procesadores de texto, buscando en bases de datos externas como PubMed, Web of Science, Citeseer e moitas máis.
· Pyrenamer é un aplicativo que permite cambiarlles asemade os nomes aos ficheiros de forma masiva. Admite patróns, busca e substitución de
ficheiros, baseándose nos seus metadatos.
· Pino, un cliente en liña de Twitter e Identi.ca para sistemas GNU/Linux, escrito na linguaxe Vala e integrado no entorno de escritorio GNOME.
· GNOME Split, unha ferramenta que permite dividir ficheiros para logo poder volver unilos nun só, con asistentes para facilitar as operacións aos novos usuarios.
· Déjà Dup facilita facer copias de seguranza; está completamente integrado no escritorio Gnome. Permite cifrar os datos das copias, asà como programalas para que se realicen periodicamente.
· Entertainer é centro multimedia que usa GStreamer para a reprodución multimedia.
· Goobox é un reprodutor de CD e extractor, que usa GStreamer para reproducir e gravar, obter e editar os metadatos de CD, os tÃtulos das pistas e o nome do álbum.