O Faro de Vigo renova a súa páxina web
mércores, 8 de agosto do 2007
O xornal decano da prensa española, o
Faro de Vigo, renovou hoxe a súa páxina web, que pretende consolidarse como
referente informativo para a área metropolitana de Vigo.
A nova web cambiou a súa imaxe profundamente para levar ó lector unha información
clara e detallada da actualidade, que vai dende a modificación do aspecto
visual como da estrutura organizativa, resultando asà máis cómoda a súa
exploración.
O Faro de Vigo tamén se achega asà á Web 2.0 permitindo ó lector a participación
na súa web mediante comentarios e impresións sobre os acontecementos de
interese. O usuarios tamén pode participar en foros, enquisas e blogs (que se
irán incorporando paulatinamente).
Tamén se irán enriquecendo os contidos multimedia da nova web, para atender á
demanda crecente deste tipo de contidos.