O Ematic eSport Clip chega como un reprodutor multimedia portátil con cámara a prezo reducido

martes, 20 de marzo do 2012 Marcus Fernández

JPEG - 56.7 KB
O reprodutor multimedia portátil venderase en distintas cores

O fabricante de reprodutores multimedia portátiles Ematic anunciou o seu reprodutor de MP3 e vídeo portátil eSport Clip, que cunha pantalla de 1,8 polgadas, 4 Gb de almacenamento interno, cámara integrada de 5 Mpíxeles, a posibilidade de gravar tanto voz coma vídeo, conectividade USB 2.0, un formato moi compacto con forma de clip (para poder prendelo na roupa cando, por exemplo, practicamos deporte) e un amplo abano de cores brillantes, que non só sorprende pola súa versatilidade, senón que o seu prezo é igualmente rechamante, por ser de só 22 dólares (uns 16,61 euros), converténdose nun trebello realmente atractivo que polo momento só pode adquirirse nos establecementos de Walmart nos EE.UU.

JPEG - 50.8 KB
Sorprende que este pequeno reprodutor inclúa unha cámara de 5 Mpíxeles
JPEG - 42.3 KB
O formato de pinza do eSport Clip facilita levalo enriba durante a práctica deportiva

PUBLICIDADE