O Eee Top se presenta coma un económico todo-en-un con pantalla táctil

luns, 3 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Asustek xa leva meses anunciando que vai levar a súa marca Eee a equipos de sobremesa e televisores, e finalmente detalle os modelos do seu ordenador todo-en-un, os ET1602 e ET1603 que serían os primeiros Eee Top, que consistirían nunha pantalla táctil de 15,6 polgadas trala que se agocha un ordenador cun procesador Intel Atom N270, 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, webcam de 1,3 Mpíxeles, conectividade Gigabit e Wi-Fi, 2 portos USB, lector de tarxetas de memoria, entradas e saídas de son e altofalantes, diferenciándose os equipos polo feito de que o ET1602 funciona cunha tarxeta gráfica integrada, mentres que o ET1603 conta cunha ATI Mobility Radeon HD3450, que debería mellorar o rendemento deste equipo, aínda que non se coñecen as diferenzas de prezo que haberá entre estes equipos que se ven coma un Eee PC de sobremesa ou mesmo como unha imitación dun iMac a un prezo reducido (que sería de aproximadamente 500 euros).

PUBLICIDADE