O DÃa Internacional do Voluntariado -este xoves- incluirá unha xornada de apoio na procura de emprego TIC
mércores, 4 de decembro do 2013
- Exterior do edificio CINC, na Cidade da Cultura, sede do evento
Co
gallo da celebración do DÃa Internacional do Voluntariado -que será
mañá, xoves 5 de decembro- a Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(AMTEGA) organiza a xornada Novos
PerfÃs Profesionais na Era Dixital,
á que xa se levan inscrito máis de 150 persoas. Cómpre dicir que o
dito encontro se atopa inserido dentro das actividades do Programa
de Voluntariado Dixital da Xunta
e dará comezo ás 9:30 horas da mañá na sede da AMTEGA, no
edificio CINC da compostelá Cidade
da Cultura.
Asemade, os que non poidan asistir de xeito presencial, poderán
seguir a xornada a través de videoconferencia nas aulas CeMIT
de: Vigo, VilagarcÃa, Barreiros, Celanova, LalÃn, Cerceda, Tui,
Monforte e na na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González
Garcés. Con este encontro preténdese amosar os novos perfÃs
profesionais que están a xurdir grazas ao avance da economÃa
dixital e que están a demandar cada vez máis as empresas.
Será
o experto en marketing dixital e redes sociais -Juan Merodio- o
encargado de comezar a sesión cunha conferencia sobre os novos
perfÃs profesionais xurdidos ao abeiro da nova economÃa dixital.
Logo
desta conferencia inaugural, 9 mozos e mozas galegos contarán a súa
experiencia profesional en tres ámbitos do eido tecnolóxico. Na
área do marketing e a comunicación dixital participarán José
Alcañiz (xerente da Central de Reservas de Hoteles
Buscadestinos.com), Óscar Reboiras (xornalista e xestor de redes
sociais do operador R) e o blogueiro da Voz de Galicia David
Serantes (responsable do blog Serantes &CÃa). No eido da
programación de videoxogos e aplicacións para teléfonos móbiles,
exporán as súas experiencias profesionais Sergio Prieto (fundador
de Gato Salvaje Estudio), Xurxo Méndez (CEO en SmartGalApps)
e Alberto Ruibal (fundador da empresa Mobialia).
A
xornada rematará coa visión de tres profesionais galegos do deseño
virtual, arte e creatividade: Daniel de Castro (director de arte en
DeCastro-Designers); Pablo López (xerente de Hacce
Soluciones TIC) e Alexandre Santorio (socio de Duplo Estudio).
As
comunicacións do curso poderanse seguir no Twitter no hashtag:
#empregoDIX
Para
máis información cómpre visitar
o programa.