O DJI Air 2S equÃpase cunha cámara de 1 polgada
venres, 16 de abril do 2021
O dron
DJI Mavic Air 2 é un dos máis equilibrados do seu fabricante, e vén de renovarse
baixo o nome de DJI Air 2S, cambio
que afecta non só ao seu nome, senón tamén especialmente á súa cámara, que
agora conta cun sensor de 1 polgada e 20 MpÃxeles que pode gravar vÃdeo en 5,4K
a 30 imaxes por segundo (e 4K a 60 imaxes por segundo), mantendo un peso por
debaixo dos 600 gramos, polo que reforza a súa posición como un dos drons máis
recomendables do mercado.
Este dron que definen como un todo en un pode manexarse a distancia
recibindo vÃdeo en Full HD até a 12 quilómetros de distancia, detecta
obstáculos en 4 direccións (para poder esquivar obstáculos), conta con
numerosas posibilidades para a captación de fotografÃas (RAW, HDR, panorámicas)
e vÃdeo (hyperlapse, MasterShots, FocusTrack), e incluso integra ADS-B, ou
sexa, que recibe datos de localización de avións e helicópteros nas
inmediacións para unha maior seguridade.
Este atractivo dron véndese a un
prezo de 999 euros, existindo a posibilidade de mercalo nun lote Vuela Más
(que inclúe baterÃas adicionais, un centro de carga, bandoleira para o seu
transporte e incluso un xogo de 3 filtros de densidade neutra) por 1.299 euros,
sendo esta última a opción máis recomendable para quen queira facer un uso
intensivo do dispositivo.
VÃdeo de presentación do DJI Air 2S