O Creative Zen V Plus chega ós 16 Gb de capacidade

venres, 3 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia de Creative Zen V Plus incrementan a súa capacidade ata os 16 Gb o que supón un importante avance para este dispositivo de pequeno tamaño (43,5 x 67,5 x 15,9 mm) e lixeiro peso (43,5 gramos) que comezará a venderse por 260 dólares. O novo modelo aínda non comezou a venderse en Europa, e nun comezo só se venderá nunha versión negra e branca.
Os Zen V Plus len ficheiros MP3, WMA (con ou sen DRM), WAV (PCM e IMA ADPCM) e JPEG (que se poden ver na súa pantalla OLED de 128 x 128 píxeles), incorporando tamén unha característica moi ben recibida no mercado europeo: radio FM.

PUBLICIDADE