O Congreso esLibre 2026 celebrarase en Melide
mércores, 11 de febreiro do 2026
Melide converterase esta primavera no epicentro estatal do software libre, da cultura aberta e das tecnoloxÃas libres coa celebración do Congreso esLibre 2026, un encontro de referencia que reunirá comunidades técnicas, divulgadoras, creadoras e profesionais chegadas de distintos puntos do Estado e tamén doutros paÃses.
A edición de 2026 está organizada pola Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA) e polo Grupo de Amigos de GNU/Linux de Pontevedra (GALPon), dúas entidades galegas de referencia na promoción do coñecemento aberto. O congreso desenvolverase os dÃas 17 e 18 de abril en distintos espazos socioculturais cedidos polo Concello de Melide, concretamente no Centro Sociocultural Mingos de Pita e no Edificio Multiusos, situados na Praza das Universidades. As liñas principais do programa e os primeiros avances das actividades previstas daranse a coñecer o vindeiro venres.
O Congreso esLibre conta cunha ampla traxectoria e xa foi celebrado en cidades como Vigo, Granada, Zaragoza ou Valencia. Tras un ano sabático necesario para a preparación e coordinación das actividades, o encontro retoma a súa actividade cunha edición que aspira a consolidar Melide como punto de encontro entre proxectos, persoas expertas e iniciativas sociais e tecnolóxicas vencelladas á filosofÃa da cultura libre.
A organización subliña tamén a importancia da inscrición previa para poder participar nas actividades colectivas, incluÃdas as dúas comidas ofrecidas pola empresa Librebit aos asistentes, concibidas como espazos para compartir experiencias e fortalecer a comunidade.
