O Congreso Flúor xuntará en Pontevedra a 400 profesionais do marketing dixital

mércores, 12 de xuño do 2019 Redacción

O Clúster de Comunicación de Galicia, que xunta a impresoras, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, marketing dixital, directores de marketing e directores de comunicación, organiza o 1º Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor, que bota a andar este xoves en Pontevedra coas entradas esgotadas, confirmando o interese por esta iniciativa que congregará a máis de 400 profesionais.
O encontro desenvolverase na sede de A Fundación e xuntará a 20 relatores de primeiros nivel. A inauguración correrá a carga do alcalde de Pontevedra, a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o presidente do Clúster de Comunicación Gráfica, e terá lugar ás 11:45 horas.
Durante os 2 días nos que terá lugar Flúor os profesionais poderán acudir a 14 conferencias, 3 meses redondas e 5 obradoiros prácticos, á vez que tamén poderán relacionarse entre eles, no que sen dúbida será un dos grandes incentivos para a participación dun evento deste tipo.

O congreso é unha grande oportunidade para que os profesionais galegos do marketing dixital coñezan as últimas tendencias e interactúen con outros profesionais do sector

PUBLICIDADE