O Congreso FLÚOR afondará na intelixencia artificial e no audio en liña
luns, 8 de maio do 2023
A 5ª edición do
Congreso Atlántico de Marketing Dixital FLÚOR terá lugar o 25 e 26 de maio de
2023 en Pontevedra e abordará como potenciar os negocios con tecnoloxÃas en
auxe como a intelixencia artificial ou o audio en liña. Trátase do maior evento
sobre márketing dixital do Noroeste de España, con 2 dÃas intensos de
actividade, e que reunirá a máis de 20 relatores. De novo será presencial e
tamén será emitida en directo por
streaming na web do congreso, e ademais a través da súa canle de Twitch.
A intelixencia
artificial estará presente en varias das conferencias e obradoiros, con
especial atención ao seu uso na creatividade publicitaria e o deseño.
Igualmente, o auxe do audio en liña e os podcast serán obxecto dunha mesa
redonda e un obradoiro práctico especÃficos.
Algúns dos
relatores confirmados son Sara Vega (Fnac), José Cabanas (Hijos de Rivera), Fernando Muñoz (Grupo RaÃz), Simone
Serasini (Accenture Song), Óscar de Castro (Pull&Bear) e Alejandra Chacón (Havas
Media).
Tamén haberá unha
mesa redonda sobre márketing en centros comerciais, na que participarán
responsables de centros destacados en España como Caleido (Madrid), Anecblau
(Castelldefels), Porto Venecia (Zaragoza) e Marineda City (A Coruña). Falarán,
entre outros temas, sobre as estratexias de captación de visitantes e a xestión
da experiencia de cliente con tecnoloxÃas dixitais.
Outra mesa
redonda centrarase no boom do audio en liña, (podcast, música, radio) con tres
dos seus grandes protagonistas. Por unha banda unha plataforma lÃder mundial,
como Spotify; en segundo lugar un grupo de medios, como Présa, creador de
plataformas como Podium Podcast e outras; e en terceiro lugar Audiomotion,
consultora especializada en publicidade en audio dixital.
O patrocinador
principal do Congreso continúa sendo a ConcellerÃa de Promoción Económica do
Concello de Pontevedra, cidade que acolle a versión presencial desde o seu
inicio en 2019, e cuxa imaxe estará presente durante a retransmisión en liña do
Congreso.