O Concello de Rianxo organiza dous obradoiros sobre certificado dixital e manexo de móbiles
martes, 21 de marzo do 2023
O
Concello
de Rianxo organiza dous obradoiros de iniciación á tecnoloxÃa:
unha actividade formativa sobre certificado dixital e sede
electrónica e outra sobre como tirarmos o máximo proveito do noso
móbil e da nosa tableta.
O
primeiro dos talleres aprenderanos a obter un certificado dixital e a
realizar xestións con el nas sedes electrónicas das
administracións.
O 25
de marzo será unha xornada previa na que se darán os pasos
necesarios para solicitar un certificado electrónico, que se obterá
ao longo da semana. Tamén se pode participar co certificado propio.
O
taller celebrarase os dÃas 3, 4 e 5 de abril de 10.30 a 12.00 h na
Aula de Informática do Auditorio de Rianxo.
Sobre
o obradoiro de manexo de móbil ou tableta, búscase iniciar ás
persoas adultas do concello no manexo destes dispositivos.
O
Concello explica que para asistiren a esta actividade formativa, as
persoas interesadas deberán acudir co seu propio dispositivo (móbil
ou tableta). Este taller desenvolverase os xoves de abril e maio de
18.15 a 19.45 h no Auditorio de Rianxo. As actividades son de balde e
a admisión será por orde de inscrición.
Para
inscribirse, pódese acudir ao Auditorio de Rianxo ou facelo
en liña co formulario habilitado polo Concello.