O Concello de Rianxo achega un obradoiro de apoderamento dixital para as mulleres
xoves, 2 de xuño do 2022
O
Concello de Rianxo vai organizar este mes de xuño unha actividade
formativa que pon o foco nas mulleres e que asume o desafÃo de
derrubar os muros de inclusión dixital que separan a algúns
sectores da poboación feminina das vantaxes e posibilidades
(persoais, profesionais, empresariais, de autonomÃa e de
apoderamento) das novas TecnoloxÃas da Información e a
Comunicación, as TIC. O
obradoiro formativo Cara a independencia dixital celebrase
do 13 ao 22 de xuño no Auditorio Municipal en horario de 10:00 a
12:30h.
O
Concello explicou que as prazas (limitadas) asignaranse por orde de
inscrición (a través dos teléfonos 981 972 731 604 024 012 e do
correo igualdade@concelloderianxo.gal) e que é preciso dispoñer de
conta de correo electrónico e teléfono intelixente.
O
curso vén da man da ConcellarÃa de Benestar Social, Igualdade e
Diversidade de Rianxo.
Os
contidos que se desenvolverán son os seguintes:
1.
Como me preparo para facer trámites de xeito dixital.
2.
Que é un certificado dixital e outros sistemas de acceso á sede
electrónica.
3.
Trámites coa Seguridade Social e SEPE.
4.
Trámites coa Xunta de Galicia (sede electrónica)
5.
Trámites co Concello de Rianxo
6.
Trámites coa Axencia Tributaria
7.
Redes sociais e seguridade.