O Concello de Oleiros organiza un curso de fotografía e edición dixital para a mocidade

xoves, 11 de agosto do 2022 S. P.

Do 22 de agosto ao 2 de setembro, de luns a venres, entre as 10:00 e as 12:00 horas, o Concello de Oleiros organizará un curso de fotografía e edición dixital na Casa da Mocidade Portaberta. É unha actividade gratuíta dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.
As persoas interesadas en participar poden anotarse chamando ao 981 614 083 / 981 977 944 ou cubrindo o formulario habilitado en liña. As persoas que desexen participar deberán acudir co seguinte material: unha cámara dixital ou ben un móbil con capacidade para sacar fotografías.
A confirmación da praza farase a través de correo eléctronico unha vez rematado o prazo de inscrición.

PUBLICIDADE