O Concello de Lugo achega un curso de comunicación dixital para 35 emprendedores
venres, 31 de xullo do 2020
O
Concello
de Lugo anunciou esta semana que vai formar a 35 emprendedores
lucenses en comunicación dixital. Farao a través dun curso
online e gratuíto impartido por Mar Castro, doutora en
Comunicación, profesora da UVigo e asesora empresarial. O obxectivo
do Goberno lucense é plantar cara ás consecuencias económicas e
sociais da COVID con formación e especialización. O curso vén da
man da Área de Desenvolvemento Local e Emprego en colaboración con
AJE Lugo.
A
acción formativa incluirá cinco sesións de vídeo-conferencia os
días 10, 12, 14, 17 e 19 de agosto en horario de 15:30 a 17:00 horas
(90 minutos cada unha), unha sesión de asesoría individual de 60
minutos, e máis un achegamento ao Manual de Comunicación
Profesional Dixital Post COVID-19, elaborado pola autora, para
entregar aos participantes en formato dixital.
En
total, haberá 35 prazas dispoñíbeis. Os interesados poderán
formalizar as súa inscrición a través do correo electrónico:
info@ajelugo.com O programa inclúe 5 bloques a través dos que se
vai afondar nas seguintes cuestións: comunicación asertiva,
comunicación oral, comunicación non verbal, comunicación escrita e
comunicación corporativa.
A
finalidade do curso é mellorar as habilidades comunicativas dos
participantes, contribuíndo a unha mellor visualización dos
diferentes produtos, servizos e marcas a través das ferramentas e
acubillos online.
Segundo
informa o Concello, esta acción de formación e asesoramento
“permitirá aos asistentes dominar os códigos de conduta dixital,
coñecer a influencia dos indicadores non verbais e xestionar de
maneira óptima a marca profesional”.
A
docente
Mar
Castro é doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo. Asesora
empresarial e docente universitaria en Oratoria Emocional e Oratoria
Dixital, Comunicación Política, Protocolo Social, Protocolo
Empresarial, Marca Persoal e NETiqueta. Relatora convidada en cursos
de grao e pos-grao, congresos de protocolo, comunicación e oratoria
en diversas universidades e escolas de negocio españolas e
hispanoamericanas. Ademais, é colaboradora habitual en medios de
comunicación, revistas e blogs especializados.
É
autora dos libros Protocolo Social e NETiqueta.
Comunicación en entornos digitales, e coautora de Técnicas
para hablar en público. Guía para una comunicación eficaz.
Creadora dun blog persoal sobre netiqueta, protocolo e oratoria..