O Compostweets chega á súa terceira edición
xoves, 21 de marzo do 2013
O
Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia en Santiago de Compostela acolle este
venres a celebración do III Encontro
Anual de Social Media en Galicia coñecido como Compostweets, que nesta
ocasión concentra a súa actividade nunha sesión de tarde que botará a andar ás
14:15 horas nun acto de apertura na que Raquel
Lemos Publiwoman desenvolverá
unha acción de networking que
conducirá a un relatorio de Rodolfo
Carpintier no que explicará como
Internet pode salvar a túa empresa ou... afundila, e que será o prato forte
deste evento no que os profesionais galegos do sector das redes sociais danse
cita.
Repetindo a experiencia do ano anterior, ás 18:05 horas exporanse
seis proxectos baseados na Internet que tras pasar unha fase de selección
están a gozar dun proceso de titorización por parte dun grupo de mentores que abordan
catro aspectos básicos: a análise do produto/servizo, a estratexia de
comunicación, a xestión e execución do proxecto e o seu financiamento. Encargaranse
destas exposicións Itziar Villar (Twin Shoes), Diego Carracedo
(Marcasparapymes.com), César González (Felicitame.es), Marcos Pereira
(Escompring), José Tamarit (ISENDYOU.TV) e Alexis Vegas (Nuuuki), recibindo o
gañador formación a través da Escola Europea de Negocios grazas a un acordo coa
AJE Galicia.
Para pechar o encontro, o director de Social Media e SEO de Elogia, Rubén
Bastón, impartirá unha conferencia sobre o marketing
dixital como acelerador das ventas en liña.
A presente edición do Compostweets está arroupada por varias actividades
fóra de programa, como un xantar no restaurante Barrigola e unha Compostnight para rematar a xornada
cunha sesión de networking nocturno.
Tamén cómpre destacar que para facer un seguimento en tempo real ou,
simplemente atopar a localización do CNTG, o evento conta cunha aplicación
oficial de balde para iOS desenvolvida por Bits for Meetings.
- O Compostweets 2013 conta cunha aplicación oficial de balde para iPhone