O Clúster TIC presenta os proxectos IA desenvolvidos por empresas socias ao abeiro do IGAPE

venres, 16 de xaneiro do 2026 S. P.

O Clúster TIC Galicia organiza o vindeiro xoves 22 de xaneiro, en horario de 10.00 a 13.30 horas, no CSA da Cidade das TIC (A Coruña) o evento Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA no que se darán a coñecer os resultados finais de diferentes procesos e produtos baseados en intelixencia artificial de socios da entidade.
En palabras do Clúser, esta xornada, de carácter presencial, “é unha excelente oportunidade para coñecer as propostas de 20 empresas asociadas da alianza TIC galega, desenvolvidas ao abeiro da convocatoria IA360 do IGAPE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”.
Os proxectos que se presentarán son os seguintes:
-Avansig. MapForest: sistema de xestión de coberturas vexetais e masas arbóreas, baseado en intelixencia artificial.
-Cinfo. TIIVII toolbox: sistema de IA.
-Deicom Technologies. RedIA: análise de datos e IA aplicada á supervisión avanzada de redes de baixa tensión.
-Emetel. Cybera: asistente Virtual IA para a xestión de coñecemento do Centro de Operacións de Ciberseguridade.
-Galvintec. Moodular IA: módulo de IA para optimizar sistemas de picking en almacéns e centros de distribución.
-Ilux Visual Technologies: Mindforge. Máis alá dun buscador intelixente.
-Imatia Innovation: IA360 – ImPilot desenvolve copilotos de intelixencia artificial aplicados á administración pública e aos servizos sociais, mellorando o acceso da cidadanía á información en sedes electrónicas e optimizando o traballo dos profesionais sociais con ferramentas intelixentes.
-Imaxin: Lynx. Nova Xeración de Asistentes Intelixentes para a Transformación Dixital das empresas e administracións (Chatbot RAG).
-IN2AI. Prevención de acceso non autorizado a datos con asistentes conversacionais e monitoraxe de actividade para avaliación de rendemento en produtividade de empregados.
-Plexus Tech. SorgIA: Sistema de Optimización Baseado en Deep Reinforcement Agents, Xemelgos Dixitais, Investigación Operativa e Algoritmos Xenéticos.
-Prefapp Cloud Consulting: Integración de IA en firestartr.dev.
-Quobis: Smart Answer, solución de operador que responde chamadas entrantes de números descoñecidos cun asistente virtual baseado en IA.
-Situm: GAIA (Geospatial Assistance for Intelligent Acknowledgment).
-Sixtema: LEVAD-360, solución de xestión que mediante IA e recuperación aumentada que busca converter información empresarial nun recurso estratéxico.
-SREC Solutions: SINVAD - Standard intelligent interactive virtual assistant design.
-Tesla Technologies & Software: Indicages: plataforma de IA para a xestión e certificación de indicadores de sostibilidade.
-Torusware & Vegalsa: PROVIA: optimización do proceso de provisión de servizos/produtos especializados en tenda mediante intelixencia artificial.
-Torusware & Selmark. PM: Plan Maestro Predictivo Selmark.
-Triple Alpha. AlphaChick: Plataforma Cloud para a Xestión Integral, Optimización eSustentabilidade de Explotacións Avícolas mediante IA.
-Visual Publinet: IA360 SEO Local. Nova xeración de estratexias de posicionamento local baseadas en intelixencia artificial.
O Clúster TIC explicou tamén que “esta cita permitirá explorar novas vías de colaboración e aproveitar as sinerxías derivadas das solucións executadas”. Para participar é necesario formalizar a inscrición na ligazón habilitada. O Clúster TIC publicou na Rede, tamén, a axenda ao completo do programa.