O Club Internacional de Prensa estrea web

venres, 20 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Para ofrecer un mellor servizo, e atendendo á demanda dos asistentes ás súas actividades, o Club Internacional de Prensa sito na Avda. da Coruña en Santiago de Compostela, estrea a súa propia páxina web dende a que os profesionais dea comunicación e outros interesados poderán achegar información sobre as roldas de prensa e outras actividades que alí se celebren (coma presentacións, mesas redondas, debates...).
O inicio desta web coincide coa capaña de difusión do Simposio Internacional que sobre a Pobreza e Desigualdade no Mundo organiza o Club Internacional de Prensa (dependente da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia) e que responde ó lema de Pobre Mundo Rico, do que xa hai abonda información nan nova web, que se completará mesmo cun blog específico do Simposio Internacional.

PUBLICIDADE