O CiTIUS celebra o Día das Nenas e Mulleres nas TIC con actividades de divulgación para a rapazada

martes, 20 de abril do 2021 S. P.

JPEG - 62.3 KB
Clase de automática industrial na ETSE da USC/Imaxe de Santi Alvite

Coa gallo do Día Internacional das Nenas e Mulleres nas TIC, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) celebra esta semana (o xoves 22 e o venres 23), unha serie de obradoiros para distintas idades e relatorios adaptados aos diferentes niveis educativos.
Con estas accións de divulgación, previstas para as 10.00 horas, o CiTIUS quere mostrar a investigación que están a desenvolver as investigadoras deste centro singular, así como “espertar o interese de nenas e mozas nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), un eido da ciencia que, aínda na actualidade, conta cunha porcentaxe moi baixa de mulleres”, explican dende o centro.
Trataranse cuestións como as motivacións que levan ás mulleres a dedicarse profesionalmente á enxeñaría ou os máis que relevantes fitos das grandes inventoras da historia, entre outros temas.
As distintas actividades ofertadas, nas que participarán as investigadoras do centro Eva Cernadas, Natalia Seoane, Andrea Cascallar e Paula López, terán lugar en formato virtual. As actividades están dirixidas especificamente a alumnado de primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional.

PUBLICIDADE