O CiTIUS acolle un relatorio sobre Intelixencia Colectiva
mércores, 10 de abril do 2013
O catedrático da Universidade Carlos III de Madrid e especialista
en Intelixencia Artificial, AnÃbal
Figueiras, participará nunha nova edición do ciclo Investigadores de Prestixio, programa de conferencias con
investigadores visitantes organizado polo CiTIUS, explicando como poden usarse
as técnicas de Intelixencia Computacional para analizar a información asociada
a diferentes propósitos, no marco dun modelo coñecido como Intelixencia Colectiva; o seu funcionamento imita en certos
aspectos ao comportamento social, ámbito no que as decisións non se toman a
tÃtulo persoal, senón buscando un consenso nas respostas.
Este tipo de aproximacións resultan especialmente prometedoras en aplicacións
con grandes cantidades de datos, como as Smart Cities ou a tele-medicina. No
ámbito da e-Saúde as técnicas de Intelixencia Colectiva permitirÃan que unha
serie de sistemas intelixentes traballen de xeito coordinado para ofrecer diferentes
interpretacións dos sÃntomas dun paciente, facendo unha diagnose de consenso a partir das respostas
obtidas.
AnÃbal Figueiras é doutor enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade
Politécnica de Barcelona, catedrático dende 1978 e con docencia nas
universidades politécnicas de Madrid e Barcelona, asà como na Universidade de
Santiago de Compostela. A súa investigación e docencia oriéntase ás
comunicacións dixitais, o tratamento dixital da información e a aprendizaxe das
máquinas. Poderemos velo o 11 de abril ás 12:00 horas no Salón de Actos do
CiTIUS.