O Centro Demostrador TIC acolle esta semana unhas xornadas de formación sobre community manager

martes, 18 de xuño do 2013 Redacción

JPEG - 83.7 KB
José Alcañiz na súa intervención durante a LaconNetwork do pasado mes de abril</A>

O Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela rematará a semana co terceiro módulo do curso Redes sociais e comunicación 2.0 promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, que abordará as funcións de community manager e as ferramentas que conta para desenvolver o seu traballo.
A inscrición para estas xornadas está aberta a través da páxina web de Voluntariado Dixital, e aparte de participar presencialmente dende o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela) tamén poderá seguirse esta actividade a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo.
O módulo comeza o xoves, con José Alcañiz, xerente de buscadestinos.com e profesor asociado da Escola de Negocios de Caixanova, quen debullará as funcións de community manager e achegará as claves para sacar o máximo rendemento do seu traballo. O venres serán Bárbara Liniado (Tuapli), Patricia González (Mundobebe.net) e Celso Gómez (Hotel Talaso Atlántico) quen compartirán as súas experiencias prácticas como community manager nas súas respectivas empresas.

PUBLICIDADE