O Campus de Ourense ofreceu unha conferencia sobre a radical revolución que vive a xustiza da man da Intelixencia Artificial
martes, 26 de xaneiro do 2021
O
Campus
de Ourense ofreceu semana unha conferencia sobre Intelixencia
Artificial no ámbito da xustiza a cargo de Silvia Barona,
catedrática de Dereito Procesual da Universitat de València. O seu
relatorio enmarcouse no Curso de Actualización Xurídica, da
Facultade de Dereito, que arrincou o pasado venres. Segundo indicou,
co espallamento das tecnoloxías, da dixitalización e dos sistemas
de aprendizaxe das máquinas e os algoritmos estamos “ante un
cambio importantísimo de vida, de relacionarnos, de comprar, de
interactuar e de funcionar, e isto loxicamente ten un efecto reflexo,
cada vez maior, en todo, tamén no mundo do dereito”.
A
sesión, que puido seguirse a través do Campus Remoto da UVigo, foi
presentada polas profesoras do centro Francisca Fernández Prol, Inés
C. Iglesias e María Dolores Fernández, que destacaron a dilatada
traxectoria da relatora.
Durante
a conferencia, Silvia Barona ofreceu una panorámica de como “a
Intelixencia Artificial chegou para ficar”, definindo este ámbito
como “un sistema tecnolóxico, unha estrutura, un sistema
computacional, que o que fai é traballar con información, con
coñecemento, e que ofrece respostas, que resolve problemas, maximiza
obxectivos e optimiza o procesamento da información, realizando
operacións comparábeis ás que realiza o ser humano de aprender e
de razoar”.
Segundo
engadiu, a irrupción na xustiza das tecnoloxías con capacidade de
razoar, pensar e tomar decisións, “máis que provocar unha
evolución, que a hai, o que provoca é unha verdadeira metamorfose”.
Ao longo da súa intervención, a relatora repasou a evolución
recente da Intelixencia Artificial, tanto en xeral como
especificamente no eido xudicial, abranguendo desde as primeiras
bases de datos de sentencias xudiciais ata os actuais programas de
predición de delitos. A revolución tecnolóxica vivida, indicou,
fixo que “aparecesen no mundo do dereito os smart contract,
os blockchain, os chatbot, o software de argumentación
xurídica, os modelos de gobernanza societaria a través de axentes
electrónicos ou os programas informáticos que ofrecen preparación
de informes ou que permiten a elaboración de normas xurídicas e
demandas”.
No
caso do dereito procesual afondou en sistemas de xeolocalización, de
recoñecemento facial e de predición. Salientou, a nivel estatal, o
caso de Viogén, sistema algorítmico de seguimento integral de casos
de violencia de xénero posto en marcha en 2007 pola Secretaría de
Estado de Seguridade do Ministerio de Interior, e Veripol, sistema
pre-procesual que se usa en fase policial e que calcula a
probabilidade de que unha denuncia sexa falsa.
No
contexto foráneo, Silvia Barona puxo exemplos como Advocate, sistema
de determinación da idoneidade e fiabilidade de testemuñas, e Hart,
ferramenta inglesa de avaliación de riscos que predí a comisión de
delitos nun período de dous anos empregando criterios como a falta
de vivenda, consumo de drogas, saúde mental, etc.