O CTAG participa nun proxecto de autobús eléctrico conectado
venres, 17 de marzo do 2023
Vodafone
proporciona a conectividade 5G no proxecto Digizity, unha iniciativa
estratéxica do Concello de Zaragoza financiada polos fondos Next Generation da
Unión Europea a través de Plan Tecnolóxico Automoción Sustentable e dirixida a
crear unha cidade cero emisións e impulsar a mobilidade sostible mediante
solucións innovadoras no transporte público.
No proxecto,
deseñado e xestionado por Avanza, participan ademais outras cinco empresas
(IRIZAR, JEMA, HISPACOLD, TELNET e NEXTIUM) e tres centros tecnolóxicos
(ITAINNOVA, de Aragón; CTAG, de Galicia; e TECNALIA, do PaÃs Vasco).
Unha das
iniciativas máis relevantes do proxecto foi o desenvolvemento dun autobús
eléctrico de cero emisións, conectado, intelixente e ciberseguro, que circulará
na liña 40 do transporte público de Zaragoza, coas seguintes caracterÃsticas:
– É un autobús conectado: está dotado de
comunicacións 5G de Vodafone para a súa comunicación en tempo real con outras
infraestruturas, como marquesiñas, e con outros vehÃculos, para a obtención de
datos que permitan unha xestión intelixente da mobilidade da cidade.
– É un autobús automatizado: dispón dun
sistema de axuda á condución que automatiza as operacións de aceleración,
freado, control lateral (dirección) e mantemento de carril, sen necesidade
intervención do condutor. Ademais, está equipado con cámaras e sistemas LiDAR
que permiten a detección de obstáculos na vÃa, aumentando a seguridade na
condución.
– É un autobús eficiente: está equipado con
sensores que permiten unha maior eficiencia enerxética global segundo as
condicións dadas en cada momento (climatolóxicas, de ocupación do vehÃculo, de
tráfico, etc.), e conta cun sistema de xestión térmico que mellora o confort
dos viaxeiros.